Noticias e alertas

As Pontes segue a apostar pola prevención 💙 A Deputación da Coruña e a Asociación ADIANTE das Pontes asinaron un conven...

21/01/2026

As Pontes segue a apostar pola prevención 💙
A Deputación da Coruña e a Asociación ADIANTE das Pontes asinaron un convenio para impulsar o proxecto “En familia, tod@s contan”, unha iniciativa dirixida a apoiar ás familias en situación de vulnerabilidade fronte ás adiccións.
👉 A Deputación achega 7.097 €, o 75 % do orzamento total, para desenvolver este programa no municipio.
👉 O proxecto ofrece formación e apoio a pais, nais e titores, mellorando a comunicación familiar, a xestión de conflitos e as habilidades educativas. 👉 Inclúe sesións grupais e atención individualizada con profesionais da psicoloxía e da educación social.
Con 36 anos de traxectoria, ADIANTE continúa a ser un referente nas Pontes na prevención e atención das adiccións, traballando da man das institucións para crear contornas familiares máis saudables.
#AsPontes #Prevención #Familia #Adiccións #ADIANTE #DeputaciónDaCoruña

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies