🚧 Nova transformación urbana en marcha 🚧
Xa comezaron as obras de mellora na Rúa Anduriñas e o traslado da marquesiña á Rúa Camelias, cun investimento de 223.349 € financiado pola Deputación da Coruña.
🔨 Que imos conseguir?
🟢 Rúas máis accesibles e seguras
🟢 Beirarrúas e calzada totalmente renovadas
🟢 Un único sentido de circulación + estacionamento
🟢 Pavimentos modernos para peóns e vehículos
🟢 Novo saneamento de augas residuais e pluviais
🟢 Iluminación LED máis eficiente 💡
🟢 Mobiliario urbano renovado: bancos, papeleiras e xardineiras 🌱
🚍 Ademais, trasládase a marquesiña á Rúa Camelias para mellorar o servizo.
🙏 Grazas á veciñanza pola paciencia e colaboración. As molestias serán temporais, pero a mellora para o barrio será duradeira. 💙 Seguimos construíndo unhas Pontes máis cómodas, modernas e sostibles.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-inicia-as-…/
#AsPontes #TransformaciónUrbana #ObrasQueMelloran #RúaAnduriñas #EspazoPúblico #ConcelloDasPontes