Noticias e alertas

🏛️ Visita do alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP A Magdalena ao Concello das Pontes 🏛️ O alumnado de 2º de Ed...

23/01/2026

🏛️ Visita do alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP A Magdalena ao Concello das Pontes 🏛️
O alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP A Magdalena realizou unha visita ao Concello das Pontes para coñecer de primeira man as instalacións municipais e o funcionamento da administración local.
Durante a xornada, as nenas e os nenos puideron descubrir como se desenvolve un pleno municipal e compartiron coas concelleiras as súas propostas e ideas para mellorar o pobo, demostrando un grande interese pola vida pública e polo seu entorno máis próximo.
A visita contou coa compañía do profesorado do centro e das concelleiras Ana Pena, Elena López, Tania Pardo e Lorena Tenreiro, que explicaron o seu labor e atenderon con atención as preguntas e achegas do alumnado.
Desde o Concello das Pontes queremos salientar a importancia de que as persoas máis novas coñezan desde idades temperás o funcionamento da administración local, fomentando valores como a participación, a convivencia e o compromiso coa comunidade.
Grazas ao CEIP A Magdalena pola visita e pola implicación do seu alumnado.
Escoitar ás nenas e aos nenos é tamén construír o futuro das Pontes.
#AsPontes #Educación #Participación #Infancia #ConcelloAberto #AdministraciónLocal

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies