🥬✨ FEIRA DO GRELO 2026 | CONCURSO DE GRELOS ✨🥬
O Concello das Pontes publica as bases do Concurso de Grelos da Feira do Grelo 2026, que se celebrará o domingo 15 de febreiro 🗓️
Un certame que pon en valor a calidade, tradición e saber facer das produtoras e produtores locais, nunha das citas máis emblemáticas do noso calendario gastronómico 🌱👩🌾👨🌾
📍 Inscricións:
🕗 De 8:00 a 10:00 h
📌 Carpa da Praza de América
🏆 Premios á calidade do grelo
💶 Ata 400 €
🎖️ Premio Especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada
🍽️ Todas as persoas participantes recibirán dous tíckets para o xantar popular
📄 As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e nos canais oficiais do Concello.
👉 Anímate a participar e forma parte dunha tradición que identifica ás Pontes 💚
Máis info: https://vive.aspontes.org/44684-2/