Noticias e alertas

🏡 Casa de Acompañamento ás Persoas Maiores (CAM) Pardo Bazán A Deputación da Coruña vén de publicar o concurso de ideas...

27/01/2026

🏡 Casa de Acompañamento ás Persoas Maiores (CAM) Pardo Bazán
A Deputación da Coruña vén de publicar o concurso de ideas para o deseño da CAM Pardo Bazán das Pontes, un proxecto innovador que marca un cambio no modelo de atención residencial ás persoas maiores.
👵👴 O centro terá capacidade para 59 persoas, organizadas en unidades de convivencia tipo fogar, pensadas para ofrecer unha atención máis próxima, personalizada e afastada das grandes residencias tradicionais.
🌱 A CAM será un espazo aberto á comunidade, con salas para actividades compartidas, zonas axardinadas, hortas urbanas e áreas para terapias, favorecendo o envellecemento activo e os vínculos sociais.
💶 O investimento total estimado da obra ascende a 5,2 millóns de euros.
🗓️ O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 12 de marzo.
✨ Un novo modelo público de coidados, máis humano, máis digno e centrado nas persoas.
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-deputacion-da-coruna-licita-o-…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies