🎨✨ ÚLTIMOS DÍAS PARA VOTAR! ✨🎨
Axúdanos a levar As Pontes ao máis alto da arte urbana mundial cun último esforzo 💪💙
O mural do artista vigués Delio Rodríguez, realizado nas Pontes e inspirado nas Festas do Carme, está nominado a Mellor Mural do Ano 2025. Estamos na recta final e agora máis ca nunca todo depende de nós 🔥
👉 Votar é moi sinxelo e só leva un minuto:
Paso 1️⃣: Entra en 👉 https://streetartcities.com/awards/2025
Paso 2️⃣: Busca o mural de Delio Rodríguez
Paso 3️⃣: Escolle unha cidade e emite o teu voto
Paso 4️⃣ (IMPRESCINDIBLE): Introduce o teu correo electrónico 📩 e confirma o voto desde a mensaxe que recibirás (lembra revisar tamén o spam)
🙏 Cada voto conta. Cada clic suma. Estamos nos últimos días!
Fagamos que o talento, a cultura e as tradicións de Galicia brillen a nivel internacional 🌍
💥 Comparte agora e anima a familia e amizades a votar antes de que remate o prazo!
#AsPontes #ArteUrbana #DelioRodríguez #MellorMural2025 #OrgulloPontés #StreetArt