🌍🎨 As Pontes consolídase no ranking mundial da arte urbana
O mural dedicado ás festas patronais do Carme, realizado polo artista DELIO (Delio Rodríguez), acadou o posto 16 a nivel mundial na prestixiosa plataforma Street Art Cities. Un recoñecemento que sitúa a As Pontes no mapa internacional da arte urbana contemporánea ✨
Neste ranking global, As Pontes comparte protagonismo con cidades de España, Italia, Portugal, Bélxica, Reino Unido, Países Baixos, Arxentina, México, Estados Unidos, Australia, Brasil, entre outros países, amosando ao mundo o valor da nosa identidade, tradición e creatividade galega 💙
🙏 Queremos agradecer moi especialmente a todas as persoas que apoiaron este mural co seu voto e difusión. Grazas a milleiros de apoios, foi posible levar as festas do Carme e a nosa cultura local a un escaparate internacional de primeiro nivel.
👏 Desde aquí tamén felicitamos ao mural gañador, promovido pola cidade de Kalamata (Grecia), dedicado á mítica cantante de ópera de orixe grega María Callas, así como ao conxunto dos outros 49 murais finalistas, que converten este ranking nun auténtico percorrido mundial pola mellor arte urbana.
👉 Podedes consultar o ranking completo en: https://streetartcities.com/.../best-mural-of-the-world
Grazas por facelo posible. Grazas por levalo tan lonxe. 💙✨
#AsPontes #ArteUrbana #StreetArtCities #OrgulloGalego #Cultura #Creatividade #Galicia