Noticias e alertas

🏆❄️ Parabéns, campión! As Pontes celebra o tricampionato de Antonio Otero O piloto Antonio Otero volve facer historia n...

02/02/2026

🏆❄️ Parabéns, campión! As Pontes celebra o tricampionato de Antonio Otero
O piloto Antonio Otero volve facer historia no xeo andorrano ao proclamarse tricampión das Andbank GSeries, tras gañar a nova categoría GSeries Rally3 e sumar así o seu terceiro título consecutivo 🥇🥇🥇
Na última carreira celebrada no Circuit Andorra – Pas da Casa, Antonio Otero, á fronte de PuzzleMotor, non só acadou a vitoria final, senón que se coroou campión dunha categoría de máximo nivel, consolidándose como un dos grandes referentes deste prestixioso campionato invernal.
Este novo título súmase aos dous conquistados nas edicións anteriores, cando dominou de maneira absoluta a Renault Clio Ice Trophy, confirmando unha transición de categoría exemplar. Ao volante do seu Ford Fiesta Rally3, xestionado pola súa propia estrutura, Otero volveu demostrar que o talento, a experiencia e o traballo constante non entenden de límites nin de categorías.
👏 Desde o Concello das Pontes queremos felicitar a Antonio Otero por este éxito histórico, que enche de orgullo ao noso concello e leva o nome da nosa vila ao máis alto do automobilismo internacional.
#AsPontes #OrgulloPontés #AntonioOtero #Tricampión #GSeries #DeporteGalego #TalentoLocal

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies