🚣♂️🌊 O encoro da Ribeira volve ser escenario dunha gran cita deportiva
Esta fin de semana, As Pontes acolle o Campionato Galego de K2 e C2, recuperando o encoro da Ribeira como espazo de referencia para o deporte náutico en Galicia.
👉 A competición, organizada polo Clube Grupo Xuvenil As Pontes, reunirá na nosa vila a 33 clubs, con máis de 300 embarcacións e arredor de 700 deportistas de todas as idades, desde categorías infantís ata veteráns.
🏁 As probas disputaranse en embarcacións dobres, tanto en kaiak (K2) como en canoa (C2), coa presenza do mellor do presente e do futuro do piragüismo galego.
⏰ A xornada comezará ás 10.00 horas e prolongarase ao longo de todo o día, cun total de varias saídas que garantirán un intenso espectáculo deportivo no encoro da Ribeira.
👏 Desde o Concello das Pontes animamos á veciñanza a achegarse e desfrutar dunha xornada de deporte, natureza e convivenci#c2
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-encoro-da-ribeira-recupera-o-p…/
#AsPontes #Piragüismo #DeporteGalego #EncoroDaRibeira #OrgulloPontés #K2 #C2