Noticias y alertas

🚣‍♂️🏆 As Pontes, campioa galega de piragüismo en K4 veterán A Nunha xornada marcada por unhas condicións climatolóxica...

03/02/2026

🚣‍♂️🏆 As Pontes, campioa galega de piragüismo en K4 veterán A
Nunha xornada marcada por unhas condicións climatolóxicas favorables, disputouse no Encoro de Castrelo de Miño o Campionato Galego de K4/C4 sobre 3 km.
Ata alí desprazouse o Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo, que participou cunha embarcación debido a compromisos familiares que impediron o desprazamento do resto dos equipos locais.
O K4 veterán A, formado por José Ángel, Ernesto, Bruno e Toni, tomou a saída ás 10:30 horas nun circuíto de dúas voltas de 1,5 km. Dende os primeiros 600 metros da proba, a embarcación pontesa conseguiu colocarse en cabeza, mantendo a primeira posición ata a meta.
Nun emocionante e longo sprint final de 400 metros, o equipo das Pontes impúxose ao Naval de Pontevedra, acadando unha meritoria vitoria que lles permitiu proclamarse campións galegos na súa categoría 🥇
👏 Desde o Concello das Pontes queremos felicitar ao equipo por este grande éxito deportivo, exemplo de esforzo, constancia e orgullo para o noso concello.
Noraboa, campións! 💙
#AsPontes #OrgulloPontés #Piragüismo #CampionatoGalego #DeporteBase #TalentoLocal

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies