Noticias e alertas

🏅 As Pontes, capital do piragüismo galego esta fin de semana 🛶 Este sábado disputouse no Encoro da Ribeira o Campionat...

09/02/2026

🏅 As Pontes, capital do piragüismo galego esta fin de semana 🛶
Este sábado disputouse no Encoro da Ribeira o Campionato Galego de Piragüismo, unha cita de primeiro nivel que reuniu en As Pontes a máis de 700 padexeiras e padexeiros de toda Galicia, dende a categoría infantil B ata veteráns C.
👉 Dende o Concello queremos dar os parabéns e agradecer o enorme traballo do Club Xuvenil, que volveu demostrar a súa capacidade organizativa e o seu compromiso co deporte, facendo posible unha proba exemplar tanto a nivel deportivo como organizativo.
👏 No plano competitivo, destacamos os bos resultados da representación pontesa:
🥈 Prata en veteráns B para Ernesto Gancedo xunto ao seu compañeiro Polo
4º posto para Bruno Rodríguez e Adrián Paz
5º posto para José Ángel Pico e José Antonio Menéndez Lolo
8º posto en xuvenil para Adrián Filgueira e Omar Penabad
23º posto en cadetes para Xalo Romero e Daniel Ferro
33º posto en senior para Xalo García e Antón García
💙 Parabéns a todas e todos os participantes e grazas por seguir facendo de As Pontes un referente do deporte galego.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies