💼 Arrinca o Programa Integrado de Emprego de Galicia
O Concello das Pontes, xunto cos concellos das Somozas e A Capela, pon en marcha durante o mes de febreiro unha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia, unha iniciativa orientada a mellorar a empregabilidade e favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas da comarca.
👥 O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas, especialmente pertencentes a colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral, e conta cun obxectivo de inserción laboral do 42%.
📚 Ao longo de 12 meses, as persoas participantes recibirán orientación laboral personalizada, formación e acompañamento individualizado.
💶 Orzamento total: 175.000 €, financiados pola Xunta de Galicia, SEPE e os concellos participantes.
🤝 Desde o Concello das Pontes reafirmamos o noso compromiso coa veciñanza, apostando pola formación e o emprego como motores de desenvolvemento social e económico da comarca.
Máis info: https://vive.aspontes.org/arrinca-a-formacion-do-programa-…/