COMPARTIMOS
🌿 Participa no programa de voluntariado “GCU co Patrimonio en Bosques GAL” 🌿
O Concello de As Pontes anima á veciñanza a participar nesta iniciativa interxeracional de voluntariado, centrada en fomentar o apego ao rural galego e o coñecemento do noso patrimonio natural e cultural a través de experiencias de aprendizaxe e inmersión no territorio.
👉 O programa está promovido polo Grupo Compostela de Universidades, en colaboración con diversas entidades sociais e ambientais, e conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
📍 Onde? Comarca de Monfero, Fragas do Eume e contorna
📅 Cando? Do 23 de setembro ao 7 de outubro de 2025
👥 Prazas dispoñibles (14):
7 para persoas de entre 18 e 35 anos
7 para persoas maiores de 55 anos
Dirixido a veciñanza e estudantes locais e tamén a persoas estranxeiras residentes en Galicia.
🎓 A participación poderá ser recoñecida con ata 3 créditos ECTS pola Universidade de Santiago de Compostela.
⏰ Prazo de inscrición ampliado ata o venres 27 de xuño de 2025.
ℹ️ Para máis información e inscricións:https://web.gcompostela.org/…/voluntariado-gcu-co-patrimon…/
💚 Unha oportunidade única para aprender, compartir experiencias e contribuír á posta en valor do noso patrimonio natural e rural. Anímate a participar!