Noticias e alertas

COMPARTIMOS 📰 O pontés Alberto Rivas Prado –As Pontes CC– segue dando pasos cara ás posicións de privilexio na clasific...

11/02/2026

COMPARTIMOS 📰
O pontés Alberto Rivas Prado –As Pontes CC– segue dando pasos cara ás posicións de privilexio na clasificación xeral da Copa Galicia de resistencia. Un trofeo dirimido en Narón fai unha xornada, tomando a substitución o trazado da praia de Ariño, en Camariñas, e no que o “rider” da vila volveu subir ao caixón, agora na terceira posición elite, puntos que se suman ao triunfo conseguido, precisamente, na proba naronesa e ao cuarto lugar en Meis.
Uns resultados que colocan a Rivas no cuarto lugar da xeral, a falta da carreira do próximo día 22 en Muros, e con opcións de asaltar o caixón. Preto deste quedou o seu compañeiro de club Marcos Gómez Ares, que aínda que lograra o bronce en Noia, na cita da Costa da Morte finalizou quinto.
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies