📢 Aberto o prazo de inscrición no Club de Saúde das Pontes da AECC
O Concello das Pontes informa da apertura do prazo de inscrición para unha nova edición do Club de Saúde das Pontes, unha iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro dirixida a persoas con cancro e ás súas familias.
💚 Trátase dun espazo gratuíto de apoio e acompañamento que promove o benestar físico, emocional e social, especialmente no ámbito rural, facilitando recursos e creando rede na nosa contorna.
📅 Inicio das sesións: martes 7 de abril
🕔 Horario: de 17:00 a 18:30 h
📍 Lugar: Centro de Saúde das Pontes
🗓️ As actividades desenvolveranse ata o mes de novembro, con sesións semanais coordinadas por profesionais especializados e co apoio do voluntariado.
Nos encontros traballaranse aspectos como:
✔️ Actividade física adaptada
✔️ Alimentación saudable
✔️ Autocoidado emocional
✔️ Xestión de medos
✔️ Información sociolaboral
✔️ Actividades sociais e de lecer
🎯 A participación é totalmente gratuíta, pero as prazas son limitadas para garantir unha atención de calidade.
📝 Inscricións:
🏥 Centro de Saúde
💚A través do voluntariado da Asociación
📞 Chamando ao teléfono gratuíto 900 100 036
Desde o Concello animamos ás persoas interesadas a participar nesta iniciativa que reforza o apoio e o acompañamento na nosa vila.
FOTO: Xunta local das Pontes da AECC
#AsPontes #ClubDeSaúde #ContraOCancro #Benestar #SaúdeComunitaria