🚧 O Concello das Pontes licita as obras de mellora da Rúa do Sol
O Concello vén de sacar a licitación as obras de mellora da pavimentación e dos servizos na Rúa do Sol, cun investimento de 224.449 euros, financiado pola Deputación da Coruña.
A actuación permitirá renovar unha vía do barrio de Cal de Avelaiña que presenta deterioro nos pavimentos, unha rede de saneamento antiga e un alumeado pouco eficiente.
👉 Que se vai facer?
✔️ Reordenación do tráfico cun único sentido de circulación
✔️ Creación dunha plataforma única máis cómoda e segura
✔️ Mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas
✔️ Nova rede de saneamento separativa (pluviais e residuais)
✔️ Renovación do alumeado con luminarias LED
✔️ Instalación de novo mobiliario urbano
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-licita-as-…/