Noticias e alertas

🥳📚 XOVES NA BIBLIO. 🎭 Contacontos: “3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos”, con Paula Carballeira Cabana En moitos...

16/02/2026

🥳📚 XOVES NA BIBLIO.
🎭 Contacontos: “3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos”, con Paula Carballeira Cabana
En moitos contos hai tres irmás: a maior, a do medio e a pequena… pero poucas veces teñen nome propio. E ter nome é importante para que o mundo lembre quen es e a aventura que viviches.
En moitos contos hai camiños… ás veces só un. Pero cando hai tres, cada irmá pode escoller o seu destino.
E perigos? Sempre os hai. Mais existe un gran perigo capaz de facer pequenos a todos os demais…
✨ Unha sesión chea de historias, emocións e decisións valentes que nos fará viaxar a través das palabras.
📆 19 de febreiro de 2026
⏰ 18:00 horas
📍 Casa Dopeso
👧🧒 A partir de 4 anos
Agardámosvos para compartir unha tarde máxica na biblio! 💛#BibliotecaRiveraRouco #XovesNaBiblio #AsPontes

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies