Noticias e alertas

🌿🎭 ESTREA EN AS PONTES 🎭🌿 MONTE – Versión Estendida nace das historias de mulleres e fronteiras e do corpo como únic...

17/02/2026

🌿🎭 ESTREA EN AS PONTES 🎭🌿
MONTE – Versión Estendida nace das historias de mulleres e fronteiras e do corpo como única equipaxe. Mulleres que deixaron atrás a terra coñecida e aprenderon a habitar outras, transformándose no tránsito entre culturas.
O monte preséntase como espazo de segredos, refuxio da memoria e territorio sacro onde se entrecruzan o visible e o oculto; un lugar simbólico común onde conviven o espiritual, o popular e o sincrético.
A través do movemento e da música en directo, o corpo convértese nun arquivo vivo dunha identidade híbrida, revelando como estas mulleres se reinventan cando as fronteiras se dilúen e a pertenza se reescribe constantemente.
📅 28 de febreiro
🕗 20:00 h
📍 Cine Alovi
🎟️ Entradas xa dispoñibles: https://aspontes.sacatuentrada.es
#AsPontes #CulturaAsPontes #CineAlovi #Danza #Estrea #MONTE

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies