Noticias e alertas

COMPARTIMOS 📰 O tiro con arco nacional, polo menos as súas seleccións de recurvo, quedan este ano totalmente orfos dun...

18/02/2026

COMPARTIMOS 📰
O tiro con arco nacional, polo menos as súas seleccións de recurvo, quedan este ano totalmente orfos dun talento comarcal que iluminaba a indumentaria estatal desde inicios da década de 2010.
Tres lustros despois, e co coñecido e controvertido proceso de selección para os diferentes combinados xa en marcha desde principios deste mes, ese traballo que desde o seu inicio ata o de agora estivo encarnado pola pontesa Xema Voitirón, a ferrolá de Arco Narón Iria Grandal e os tamén seteiros do Sílex Miguel Alvariño e Dani Castro –estes tres últimos olímpicos– queda sen representación nin recompensa.
Castro –As Pontes, 1997– foi o último en baixarse desta nave, case empuxado máis que por decisión propia. Non se desvinculou en ningún caso desta disciplina, aínda que, e agora residindo en Lugo, e tras unha etapa vinculada de maneira profesional ao lecer nocturno da cidade, atopou un confortable oco, casualmente, á beira doutro deportista de alto nivel, o jabalinista Manuel Uriz, a cargo do centro Activa 3.
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies