Noticias e alertas

📚 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A OITAVA EDICIÓN DA UNIVERSIDADE SÉNIOR O Concello das Pontes acollerá entre marzo...

18/02/2026

📚 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A OITAVA EDICIÓN DA UNIVERSIDADE SÉNIOR
O Concello das Pontes acollerá entre marzo e abril a oitava edición do programa de formación para persoas maiores de 50 anos promovido pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña.
Esta iniciativa fomenta o envellecemento activo, a aprendizaxe continua e a participación cultural e social.
O programa estrutúrase en tres módulos:
* Humanidades e Ciencias Sociais: China, arte de vangarda e xustiza penal en España.
* Ciencias da Terra e Tecnoloxía: revolución dixital , coche do futuro e enerxías renovables.
* Ciencias da Vida e da Saúde: cerebro, memoria e sono, evolución e decisións de vida, e cambio climático.
📅 Prazo de inscrición: 19 de febreiro ao 4 de marzo
💻 Inscrición: [https://universidadesenior.org/as-pontes/](https://universidadesenior.org/as-pontes/)
🏛 Inscrición presencial: Secretaría de Alcaldía do Concello das Pontes
Non perdas esta oportunidade de aprender, compartir e seguir activ@!
Máis info: https://vive.aspontes.org/aberto-o-prazo-de-inscricion-par…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies