♻️🌱 PROGRAMA DE COMPOSTAXE NAS PONTES 🌱♻️
Queres aprender a converter os teus restos orgánicos en abono natural de alta calidade? Agora é o momento!
O Concello das Pontes organiza unha sesión informativa gratuíta para dar os primeiros pasos na compostaxe doméstica.
💡 Que che ofrecemos?
✅ Formación práctica e sinxela para comezar a compostar no fogar
✅ Un composteiro de balde para cada persoa participante
✅ Acompañamento e seguimento personalizado
🌍 Reduce o lixo, aforra recursos e contribúe á economía circular nas Pontes. Pequenos xestos, grandes cambios!
📅 Venres 27 de febreiro
🕕 18:00 h
📍 Local social da AA.VV. Vincallo–Cal Avelaíña
Máis información en: aspontes.ocaminosostible.gal
📞 647 521 464
✉️ info@ocaminosostible.gal
💚 Co apoio da Xunta de Galicia e financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.