COMPARTIMOS 📰
Este sábado 21 ás 22:00 h, a Televisión de Galicia estrea ‘Bailamos’, o novo gran formato de baile
✨ 12 concursantes loitarán por un premio de 10.000 € nunha competición onde a emoción, o esforzo e a superación serán protagonistas. Pero nesta edición temos un motivo moi especial para non perdelo… 👇
🎉 No xurado estará Jaime Pablo Díaz, director da compañía Nova Galega de Danza… e tamén director da nosa Escola Municipal de Baile Moderno 💙
Un orgullo para o noso concello ver a Jaime formando parte deste gran proxecto televisivo, levando o seu talento, a súa esixencia artística e esa paixón pola danza que transmite cada día nas aulas. Seguro que deixará pegada… como sempre 😉✨
O xurado complétano:
⭐ Javier Castillo “Poty”
⭐ Tania Zapata
Serán 13 programas cheos de talento e historias que nos farán vibrar coa danza en todos os estilos.
📺 Este sábado… temos cita coa pista de baile! 💫
Máis info: https://crtvg.gal/w/a-tvg-estrea-bailamos-un-novo-gran-form…