Noticias y alertas

✨🎭 Un Entroido inesquecible nas Pontes! 🎭✨ O martes, 17 de febreiro, celebramos un desfile de Entroido cheo de cor, cr...

19/02/2026

✨🎭 Un Entroido inesquecible nas Pontes! 🎭✨
O martes, 17 de febreiro, celebramos un desfile de Entroido cheo de cor, creatividade e alegría, no que participaron 300 persoas. 🎉💃
Caracois, pavos reais, froitas, robots, personaxes de cómic, seres de xeo… todas e todos encheron as rúas con disfraces orixinais e espectaculares. 🐌🤖❄️
O bo tempo acompañou esta festa máxica, facendo que cada detalle brillase con luz propia, mentres a veciñanza aplaudía e animaba sen parar.
Dende o Concello das Pontes, queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta celebración, lembrándonos que o Entroido é unha das festas galegas máis fermosas do ano. 🎭💖
Unha mención especial aos disfraces gañadores e ao noso xurado, Pepa, Verónica e Maxi, por doar o seu tempo e criterio. ❤️

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies