♻️ O CEIP A Fraga aprende a reciclar!
Onte, o alumnado do CEIP A Fraga participou nun obradoiro de reciclaxe promovido polo Concello das Pontes, no que aprenderon de xeito práctico a separar os residuos correctamente e fomentar hábitos responsables co medio ambiente 🌱.
A través de xogos e dinámicas participativas, descubrieron que reciclar é sinxelo e está ao alcance de todos. A actividade foi moi valorada tanto por alumnado como por profesorado polo seu carácter motivador e práctico.
O Concello das Pontes seguirá promovendo iniciativas de educación ambiental, reforzando a sustentabilidade e os hábitos responsables desde idades temperás.
🔗 Máis información sobre futuras actividades: aspontes.ocaminosostible.gal
📞 Tel.: 647 521 464
✉️ info@ocaminosostible.gal
Esta acción conta co apoio da Xunta de Galicia e co financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, formando parte do compromiso do Consorcio As Mariñas por unha xestión sostible e de proximidade.