Campamentos Urbanos de Semana Santa 2026 nas Pontes
O Concello das Pontes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), abre o 25 de febreiro o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Urbanos de Semana Santa 2026.
Unha iniciativa pensada para ofrecer actividades lúdico-educativas ás crianzas do municipio durante as vacacións escolares, favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral 👨👩👧👦✨
🗓 Datas: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026
🕘 Horario: De 9:00 a 14:00 horas
👧👦 Idades: Crianzas nadas entre 2014 e 2022
(Admitiranse tamén menores con discapacidade ≥33% ata un máximo de 14 anos, segundo bases)
🎨⚽📚 Actividades educativas, deportivas e de lecer adaptadas a cada idade.
🔢 30 prazas dispoñibles. (Precísanse mínimo 10 inscricións para a súa realización)
📝 Inscricións:
📅 Do 25 de febreiro ao 18 de marzo
📍 No Rexistro Municipal (con cita previa), de 8:30 a 13:30 h
💻 Ou a través da sede electrónica municipal (desde o 25/02 ás 00:00 h ata o 18/03 ás 13:30 h)
💶 Cota: 10 € por menor (Ordenanza n.º 11)
⚠️ As baixas non darán dereito á devolución da cota.
📌 A listaxe provisional e definitiva publicarase no taboleiro de anuncios e na web municipal 🌐
Máis información:https://vive.aspontes.org/apertura-o-prazo-de-inscricion-n…/
👉 Non perdas o prazo! Un espazo de convivencia, aprendizaxe e diversión para esta Semana Santa.