🚧 Reanudación das obras na Avenida de Galicia 🚧
As obras da cuarta fase do proxecto de renovación de pavimentos e servizos reanudáronse onte tras a paralización polos últimos meses de choivas.
O proxecto, cofinanciado pola Deputación da Coruña, permitirá completar a transformación da principal vía do municipio, mellorando:
✅ Accesibilidade
💡 Iluminación
🛣️ Seguridade viaria
🌳 Espazos públicos e mobiliario urbano
Nestes días executarase a impresión do aglomerado e completarase a instalación de:
🪑 Bancos
🗑️ Papeleiras
🌿 Xardineiras e alcorques
🚦 Sinalización vertical e horizontal
O Concello agradece a paciencia e comprensión de veciños e comerciantes e pide desculpas polas molestias ocasionadas.
Máis info: https://vive.aspontes.org/reanuanse-as-obras-na-avenida-de…/
#AsPontes #ObrasAvenidaDeGalicia #RenovaciónUrbana #Accesibilidade #Seguridade