♻️ Taller de reciclaxe no CEIP A Magdalena!
Onte estivemos no CEIP A Magdalena, en As Pontes, impartindo un taller de reciclaxe co alumnado. Aprendemos dun xeito práctico como separar correctamente os residuos e darlles unha segunda vida aos materiais.
A través de xogos, dinámicas e exemplos do día a día, o alumnado descubriu que reciclar é sinxelo e que cada pequeno xesto conta para coidar o noso planeta 🌍✨
💚 Grazas ao centro pola súa acollida e implicación! Seguimos creando conciencia ambiental desde as aulas.
📌 Inscricións e información:
🌐 aspontes.ocaminosostible.gal
📞 647 521 464
✉️ Contacto
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.
#Compostaxe #Biorresiduos #ConsorcioAsMariñas #XuntadeGalicia #NextGenerationEU #MinisterioTransiciónEcolóxica #RecuperaciónTransformaciónResiliencia #ReciclarÉFácil #EducaciónAmbiental