🌿 Balance do CIM das Pontes en 2025
Coincidindo coa programación do 8M, Día Internacional da Muller, o Concello das Pontes fai balance da actividade do Centro de Información ás Mulleres (CIM) durante o último ano.
📊 En 2025 realizáronse 1.986 atencións e desenvolvéronse 💜22 actividades de sensibilización, prevención e formación, reforzouse a coordinación institucional fronte á violencia machista e impulsáronse programas comunitarios e iniciativas de conciliación familiar.
💬 A concelleira de Igualdade, Tania Pardo, subliña que “a igualdade real e efectiva require compromiso institucional e implicación social para seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria”.
💜 O CIM continúa a ser un recurso clave de apoio, asesoramento e acompañamento para as mulleres do municipio. #AsPontes #8M #Igualdade ##çim
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-cim-das-pontes-reforza-a-sua-a…/