Noticias y alertas

📅 8M | Día Internacional das Mulleres No marco do 8 de marzo queremos lembrar, reivindicar e facer balance dos avances...

08/03/2026

📅 8M | Día Internacional das Mulleres
No marco do 8 de marzo queremos lembrar, reivindicar e facer balance dos avances cara á igualdade real entre mulleres e homes.
Desde o Concello das Pontes poñemos o foco no labor imprescindible —e moitas veces pouco visible— das mulleres na xestión pública. Alcaldesas, concelleiras, técnicas e profesionais que, co seu talento, compromiso e responsabilidade, sosteñen día a día o funcionamento dos concellos e garanten que os servizos públicos cheguen a toda a veciñanza.
En Galicia, máis do 42% das concellerías están ocupadas por mulleres, aínda que só o 22% das alcaldías están lideradas por elas. Un dato que amosa avances, pero tamén o camiño que queda por percorrer para acadar unha igualdade real.
Neste 8M reafirmamos o noso compromiso coa igualdade efectiva, coa visibilización das mulleres como xestoras do público e coa eliminación das barreiras que aínda dificultan o seu acceso a postos de responsabilidade.
Porque non hai política sen igualdade, nin democracia real sen paridade.
💜 Cando unha muller avanza, todas damos un paso ao fronte.
Declaración completa: https://vive.aspontes.org/declaracion-institucional-8m-as-…/
#8M #DíaDasMulleres #Igualdade #AsPontes

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies