Noticias y alertas

💜 8M · Día Internacional das Mulleres | As Pontes 2026 Hoxe, As Pontes reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva...

08/03/2026

💜 8M · Día Internacional das Mulleres | As Pontes 2026
Hoxe, As Pontes reafirma o seu compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes cunha mensaxe clara: camiños de igualdade, pasos de liberdade. Un lema que fala de dirección e de futuro: de construír unha vila onde todas as persoas poidan vivir, participar e decidir en igualdade, con dereitos e oportunidades reais.
Porque a igualdade tamén se mide no cotián: no reparto dos coidados, no acceso ao emprego en condicións xustas, na presenza das mulleres na cultura e na vida pública, na educación que forma en respecto e no rexeitamento de calquera forma de violencia e discriminación.
Neste 8 de marzo, convidamos á veciñanza a seguir avanzando xunta. A facer camiño en comunidade. A dar pasos que sumen, que abran portas e que fagan das Pontes un lugar máis libre e máis igualitario para todas.
Camiños de igualdade. Pasos de liberdade.
#8MAsPontes
#CamiñosDeIgualdade
#PasosDeLiberdade

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies