Noticias e alertas

🏃‍♀️🏃‍♂️ XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé nas Pontes O Concello das Pontes celebrará o sábado 21 de marzo unha nov...

09/03/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ XXXIII Carreira Pedestre de San Xosé nas Pontes
O Concello das Pontes celebrará o sábado 21 de marzo unha nova edición da tradicional Carreira Pedestre de San Xosé, unha das citas deportivas máis destacadas do municipio que cada ano reúne a numerosos atletas e persoas afeccionadas ao running.
📍 A proba desenvolverase no Parque da Fraga, con saída e meta no mesmo punto, nun circuíto mixto de asfalto e terra de aproximadamente 6.400 metros, debidamente sinalizado e pechado ao tráfico para garantir a seguridade das persoas participantes.
🕓 A xornada comezará ás 16:30 horas coas carreiras das categorías base, desde Biberón ata Sub 18, e rematará coa saída da categoría absoluta, que contará coas subcategorías Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster.
📝 Inscricións abertas ata o 19 de marzo ás 23:59 h
➡️ https://emesports.es/eventos
💶 Prezo: 3 € (gratuito para menores de 18 anos)
🎽 Os dorsais poderanse recoller o propio día da carreira no local do Hexágono (área recreativa Xosé Ferro) entre as 14:30 e as 16:30 horas.
🏆 Haberá premios económicos para as tres primeiras persoas clasificadas na categoría absoluta (300 €, 200 € e 100 €), así como trofeos e recoñecementos para as distintas categorías e para o mellor e a mellor atleta pontesa.
Desde o Concello animamos á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao atletismo da comarca a participar e desfrutar desta cita deportiva que combina deporte, convivencia e hábitos saudables nun entorno natural privilexiado.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-parque-da-fraga-sera-o-escenar…/
#AsPontes #Deporte #Running #CarreiraSanXosé

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies