🎓 COMEZA A 8ª EDICIÓN DA UNIVERSIDADE SÉNIOR NAS PONTES
A Casa Dopeso acolle unha nova edición da Universidade Sénior da Universidade da Coruña, un programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos no que este ano participan 86 veciños e veciñas das Pontes.
📅 Durante os meses de marzo e abril desenvolveranse diferentes sesións sobre cultura, ciencia, tecnoloxía, saúde e sociedade, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña.
👥 O acto de inauguración contou coa presenza da subdirectora da Universidade Sénior, Elena Arce Fariña, e da concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, Tania Pardo Cabarcos.
📚 Unha iniciativa que segue achegando a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos das Pontes e que se consolida ano tras ano desde a súa posta en marcha en 2018.
Máis info: https://vive.aspontes.org/arranca-unha-nova-edicion-da-uni…/