🎬 Cartelera de cine da fin de semana nas Pontes
Esta fin de semana a Casa Dopeso acolle dúas propostas para todos os públicos e para quen queira gozar do mellor cinema. 🍿
🎥 Little Amélie
🗓 Sábado e domingo
🕔 17:00 h
⏱ Duración: 77 min
👨👩👧 Cualificación: TP
🎞 Xénero: Animación
🗣 Idioma: Castelán
Ata os dous anos e medio, Amélie describíase como un tubo dixestivo inerte e vexetativo. Logo chega o acontecemento que a fai caer no universo infantil. Durante os seguintes meses descobre a linguaxe, os pais e irmáns, o xardín do paraíso, as paixóns (Xapón e a auga), os desgustos (a carpa), as estacións e o paso do tempo. Porque aos tres anos todo parece quedar decidido: tanto a felicidade como a traxedia… Esa é a mensaxe que nos envía este bebé de mirada travesa que observa o mundo con agudeza.
🎥 Liñas discontinuas
🗓 Sábado
🕖 19:00 h e 22:00 h
🗓 Domingo
🕢 19:30 h
⏱ Duración: 87 min
🔞 Cualificación: NRM12
🎭 Xénero: Drama
🗣 Idioma: Galego
Bea é unha muller de 50 anos que está separándose do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba… e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Tras pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.
🎟 Entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/
📍 Casa Dopeso – As Pontes