🏗️ A futura residencia de saúde mental das Pontes xa toma forma
O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, visitou hoxe as obras da nova unidade residencial de saúde mental que a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal constrúe no municipio.
🔹 As obras están xa ao 70% de execución
🔹 O centro terá 25 prazas residenciais
🔹 Está situado nunha parcela de 2.700 m² en Feáns, preto da Fraga
🔹 A Deputación da Coruña apoia o proxecto con 500.000 €
Este novo recurso cubrirá unha necesidade histórica na comarca, ofrecendo atención especializada ás persoas con problemas de saúde mental de 21 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
💬 “É un proxecto que ilusiona a toda unha comarca e que é posible grazas á colaboración entre administracións e ao impulso da entidade e das familias”, destacou Formoso.
A residencia, que podería entrar en funcionamento en xaneiro de 2027, creará tamén arredor de 20 empregos especializados no ámbito sociosanitario.
Un paso máis para mellorar a calidade de vida das persoas e reforzar os servizos sociais no territorio. 💙
Máis info: https://vive.aspontes.org/valentin-gonzalez-formoso-visita…/
#AsPontes #SaúdeMental #ServizosSociais #DeputaciónDaCoruña #FerrolterraEumeOrtegal