Noticias y alertas

🏊‍♀️ A piscina municipal das Pontes convértese este sábado no escenario da natación base da comarca Este sábado, 14 de...

13/03/2026

🏊‍♀️ A piscina municipal das Pontes convértese este sábado no escenario da natación base da comarca
Este sábado, 14 de marzo, a piscina municipal acollerá a terceira xornada de escolas e a competición na categoría prebenxamín, unha cita na que participarán os nadadores e nadadoras máis novos dos clubs da contorna.
👧🧒 Na xornada competirán deportistas de:
🔹 Trieume As Pontes
🔹 Club Natación Culleredo
🔹 Club Natación Liceo
🔹 Club Marina Ferrol
📍 Piscina municipal das Pontes
🕧 12:30 horas
Será unha mañá de deporte pensada para fomentar a natación nas categorías de base, compartir experiencias entre escolas e animar aos máis pequenos a seguir medrando no deporte.
🤝 O evento está organizado polo club Trieume As Pontes coa colaboración do Concello das Pontes.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies