Noticias e alertas

💜 Última sesión · Obradoiro de «Solo pelviano» Este sábado 14 de marzo celebramos a segunda e última sesión do obradoir...

13/03/2026

💜 Última sesión · Obradoiro de «Solo pelviano»
Este sábado 14 de marzo celebramos a segunda e última sesión do obradoiro de solo pelviano con Candela Carregal, un espazo de coñecemento, coidado e benestar dirixido a mulleres de todas as idades.
Ao longo destas sesións estamos a falar sen tabús de saúde pélvica, respiración, postura, menopausa, incontinencia e exercicio físico, incorporando ferramentas prácticas para coidar o corpo ao longo das diferentes etapas da vida.
Porque avanzar en igualdade tamén implica garantir información, saúde e autonomía para as mulleres.
📍 Aula Polivalente da Casa Dopeso
🕙 De 10:00 a 12:30 h
✍️ Inscrición previa
8M As Pontes · Camiños de igualdade, pasos de liberdade
#8MAsPontes
#CamiñosDeIgualdade
#PasosDeLiberdade

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies