Noticias e alertas

O Concello das Pontes informa de que desde o 20 de marzo ata o 15 de abril de 2026, ambos os dous incluídos, permanecerá...

18/03/2026

O Concello das Pontes informa de que desde o 20 de marzo ata o 15 de abril de 2026, ambos os dous incluídos, permanecerá aberto o prazo de solicitude de novo ingreso para o curso 2026/2027 na Escola Infantil Municipal A Barosa.
As persoas interesadas deberán achegarse ao centro para recoller o sobre coa documentación necesaria para a súa tramitación. O horario de atención será de luns a venres, de 10:30 a 13:00 horas.
Unha vez completada, cada familia deberá presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello das Pontes, solicitando previamente cita nos teléfonos 674 55 21 84 ou 667 12 93 80. Tamén poderá realizarse o trámite a través da sede electrónica do Concello das Pontes.
Para máis información, recoméndase contactar directamente co centro.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies