Noticias e alertas

📍 O pasado fin de semana, 13, 14 e 15 de marzo, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata Sevilla pa...

20/03/2026

📍 O pasado fin de semana, 13, 14 e 15 de marzo, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata Sevilla para participar no LX Campionato de España de Inverno de Piragüismo, nas categorías xuvenil, sub23 e sénior.
🚣‍♂️ Os representantes ponteses, Omar Penabad e Adrián Filgueira, ambos na categoría xuvenil, competiron na mañá do sábado nunha eliminatoria sobre 3 km.
➡️ Omar, que marchaba en postos de clasificación, sufriu un infortunio ao caer á auga tras un choque con outro participante, quedando sen opcións de continuar.
➡️ Pola súa banda, Adrián conseguiu superar a súa eliminatoria, asegurando así unha praza entre os 60 mellores padexeiros do campionato.
💪 Xa na xornada do domingo, sobre unha distancia de 5.000 metros, Adrián amosou unha gran competitividade e esforzo, acadando unha meritoria posición 43 a nivel estatal.
👏 Parabéns aos nosos deportistas polo seu traballo, compromiso e por levar o nome das Pontes a unha competición de ámbito nacional!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies