🎬✨ Comeza o Cinefórum da Biblioteca Municipal!
A Biblioteca Municipal pon en marcha a primeira sesión do seu cinefórum cunha proposta moi especial: A biblioteca dos libros rexeitados, unha historia chea de misterio, literatura e segundas oportunidades.
📅 9 de abril
🕣 20:30 h
📍 Casa Dopeso
🎟 Entrada de balde
Baseada na novela de David Foenkinos, a película trasládanos a unha peculiar biblioteca en Bretaña onde se gardan manuscritos rexeitados polas editoriais. Cando unha editora atopa unha obra excepcional, ábrese unha investigación arredor do seu autor que dará lugar a unha trama sorprendente.
Dirixida por Rémi Bezançon e protagonizada por Fabrice Luchini e Camille Cottin, combina intriga, humor e unha fermosa homenaxe ao mundo dos libros e á creación literaria.
📚 Unha cita imprescindible para amantes da lectura e do cine.
Agardámoste!