✨ Unha noite inesquecible no Teatro Colón ✨
A Escola Municipal de Danza e Baile Moderno das Pontes brillou con luz propia sobre o escenario do Teatro Colón, regalándonos un espectáculo cheo de talento, emoción e moito traballo detrás.
Dende o Concello das Pontes queremos expresar o noso máis fondo agradecemento: 💫 Ao alumnado, pola súa entrega e paixón en cada paso. 💫 Ao profesorado, polo seu compromiso e dedicación constante. 💫 Ao director, Jaime Pablo, por liderar con ilusión este proxecto. 💫 Ás familias, polo apoio incondicional. 💫 Ao persoal de Cultura e a todas as persoas implicadas na organización e desenvolvemento do espectáculo.
E, por suposto, grazas tamén ao público das Pontes que se desprazou ata A Coruña para acompañar e arroupar aos nosos artistas nunha noite tan especial 💙
Un exemplo máis de que a cultura das Pontes emociona, une e traspasa fronteiras.
#AsPontes #Cultura #Danza #OrgulloDasPontes