🎞️📚A REBELIÓN DA LECTURA, un Documental de Asociacion Espazo Lectura.
O fomento da lectura ten unha dimensión humana capaz de trascender a racionalidade, por iso prende, coma un feitizo, nos ollos das persoas. Probablemente ese sexa un dos motivos polos que, vinte anos despois da súa creación a mans dun pequeno grupo de persoas, Espazo Lectura se converteu nun insólito referente do activismo cidadá a favor do libro e a lectura.
O documental "A rebelión da lectura foi capaz de penetrar nos ollos dos protagonistas para descubrirnos como se produciu ese abraiante milagre. As imaxes e as voces envolventes do voluntariado da lectura fannos partícipes dese exercicio de xenerosidade compartida que se proxectou a través da ilusión e do entusiasmo.
📆 24 de abril de 2026
⏰ 20:00 horas
📍Casa Dopeso
🗣️Coloquio con representantes da Asociación de Espazo Lectura.