Noticias e alertas

Casa Dopeso acolle, do 16 de abril ao 24 de maio de 2026, a exposición “Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na...

17/04/2026

Casa Dopeso acolle, do 16 de abril ao 24 de maio de 2026, a exposición “Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira”, unha iniciativa da Concellería de Cultura que invita a achegarse ao fascinante universo das abellas e ao seu papel esencial no equilibrio ecolóxico e na tradición cultural galega.
Unha oportunidade única para descubrir un dos insectos máis organizados e fundamentais da natureza, e para coñecer de preto a historia da apicultura na nosa terra 🍯🌿
📍 Casa Dopeso
📅 Do 16 de abril ao 24 de maio de 2026
🕒 Horarios de visita:
• Luns a venres: 9:00 – 14:00 h e 17:00 – 21:30 h
• Sábados: 10:00 – 14:00 h
📍 As Pontes
Un plan perfecto para todos os públicos e para seguir coñecendo o patrimonio natural e cultural das Pontes.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies