🇪🇺✨ Un día cheo de aprendizaxe, curiosidades e grandes momentos no Parlamento Europeo
As concelleiras de Xuventude, Lorena Tenreiro, e de Educación, Tania Pardo, participaron nunha visita ao Parlamento Europeo e ao Parlamentarium en Bruxelas xunto ao alumnado e profesorado do IES Moncho Valcarce, por invitación do eurodeputado galego Nicolás González Casares @nicogcasares
Foi unha xornada chea de bos momentos, aprendizaxe e curiosidades, na que o grupo puido coñecer de primeira man o funcionamento, a estrutura e a importancia das institucións europeas, así como o proceso de toma de decisións que afecta á cidadanía da Unión Europea. Unha experiencia moi enriquecedora, dinámica e amena, especialmente valiosa para o alumnado participante.
Desde o Concello das Pontes agradécese a invitación do eurodeputado Nicolás González Casares, así como o acompañamento e a atención prestada polo seu equipo e o persoal do Parlamento Europeo durante toda a visita, que fixeron posible unha xornada tan completa e didáctica.