🎶 Concerto de Nimbos nas Pontes 🎶
O Concello das Pontes acolle a estrea de “Até”, o primeiro disco de Nimbos.
Nimbos presenta o seu primeiro traballo discográfico, un proxecto que nace na cabeza de Antía Caaveiro, vocalista, frautista e gaiteira do grupo. Tras anos compoñendo melodías e musicalizando poemas —moitos deles da súa irmá— decide formar unha banda para compartir cancións que levan medrando con ela dende os 13 anos.
En 2023 únense á banda Álvaro García (guitarra), Xalo Rubio (acordeón), Mario Arranz (contrabaixo) e Diego Barro (percusión), sendo substituído este último por Álvaro Prieto neste ano. Dende entón, levan a súa música a escenarios como A Casa Museo Manuel María, o Festival Irmandiño de Moeche ou o Festival Folk da Fraga.
Bebendo da tradición e do folk, Nimbos constrúe un universo sonoro propio, mesturado con outros estilos como o jazz, creando unha proposta viva, bailable e chea de conexión co público.
📅 Venres, 24 de abril
🕣 20:30 horas
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟️ Entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/
Non perdas esta oportunidade de descubrir unha das propostas máis frescas da música galega actual!