📖✨ Onte vivimos unha tarde chea de emoción, música e imaxinación co Día do Libro 2026 nas Pontes!
A nosa Biblioteca encheuse de sorrisos co concerto didáctico “As aventuras de Jazzy e Blusy”, da man de Paty Lesta & Cristian Leggiero. 🐈🐕 Unha fermosa viaxe polo Jazz e o Blues que fixo vibrar aos máis pequenos e pequenas, converténdoos en protagonistas dunha gran orquestra. 🎷🎺
🎼 Un dos momentos máis especiais da xornada foi a entrega de premios do II Concurso de Marcapáxinas, no que participaron preto de 70 nenos e nenas, enchendo de creatividade e ilusión esta celebración.
Os premios foron entregados pola concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, xunto con Amparo Bermúdez, profesora do IES Castro da Uz, a quen queremos agradecer especialmente a súa implicación e o seu tempo. 💜
🏆 Relación de persoas premiadas:
• Infantil
Gañadora: Renata Miranda Alfonso
• 1º e 2º de primaria
Gañador: Uriel Paderne Caaveiro
• 3º e 4º de primaria
Gañadora: Nora Romero Cendán
Finalista: Ander Purriños Calvo
• 5º e 6º de primaria
Gañador: Roi Felgueiras Bouza
Finalista: Xulia Dopico Arias
👏 Parabéns a todas as persoas participantes polo seu talento e pola ilusión posta en cada marcapáxinas.
💜 Grazas de corazón a todas as persoas que nos acompañastes nesta xornada tan especial, e moi especialmente aos nenos e nenas que fixestes desta celebración algo inesquecible.
📚 O Día do Libro é moito máis ca unha data: é un recordatorio de que a lectura nos fai medrar, soñar e comprender o mundo. Cada libro é unha porta aberta, unha oportunidade, unha nova aventura. Porque vivir sen ler… sería un senvivir. 📖
#AsPontes #DíaDoLibro #Biblioteca #CulturaViva