🎷 PULSO – Festival de jazz nas Pontes
As Pontes estrea festival! O Concello das Pontes presenta PULSO, unha nova cita co jazz galego pensada para escoitar con calma e gozar da música ao vivo.
O Auditorio Cine Alovi será o escenario desta primeira edición os días 8 e 9 de maio, cunha programación que reúne proxectos singulares da escena actual e propostas que exploran o jazz desde diferentes linguaxes e sensibilidades.
✨ Abrimos PULSO con @coposdeavenabanda
O festival levanta o pano o venres 8 de maio ás 20:30 horas coa actuación de Copos de Avena, un proxecto que nace dende a liberdade do jazz para reinterpretar a rica herdanza da música latinoamericana con frescura e personalidade.
Boleros clásicos, bossa nova e novas lecturas de artistas como Silvia Pérez Cruz, Rita Payés, Natalia Lafourcade ou Jorge Drexler conviven nun repertorio que conecta tradición e vangarda cunha naturalidade vibrante.
O cuarteto formado por Gloria Pavía (voz), Iago Marta (guitarra), Yudit Almeida (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería) transforma cada peza nun espazo íntimo, orgánico e cheo de matices.
📍 Venres 8 de maio | 20:30 h
📌 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟️ Entradas á venda proximamente
🎶 PULSO: un festival para escoitar o jazz con tempo, calma e emoción. Promovido polo @concellodaspontes coa colaboración de @culturadadeputaciondacoruna e @luneda
#PulsoFestival #JazzGalego #CoposDeAvena #AsPontes #MúsicaEnVivo #CineAlovi