Noticias e alertas

🎷 PULSO – Festival de jazz nas Pontes Presentamos unha das propostas que formarán parte de PULSO, o novo festival de ja...

27/04/2026

🎷 PULSO – Festival de jazz nas Pontes
Presentamos unha das propostas que formarán parte de PULSO, o novo festival de jazz das Pontes.
O encontro entre Abe Rábade e Antía Muíño propón un espazo musical no que a canción, o jazz e a música tradicional galega conflúen con naturalidade e sen prexuízos. Dúas traxectorias con identidade propia que, tras varios concertos compartidos e a publicación dun EP de dobre cara —Vente vindo e Eu en ti—, consolidan unha linguaxe común chea de sensibilidade, intimismo e raíz.
Abe Rábade, unha das figuras máis destacadas do jazz estatal, e Antía Muíño, compositora e vocalista de referencia da nova escena galega, constrúen un diálogo no que o piano, a voz, a guitarra e a pandeireta se entrelazan con delicadeza e forza expresiva.
Un repertorio que transita entre o cancionismo máis íntimo e a música de raíz, creando unha proposta chea de emoción, identidade e matices.
📆 Venres 8 de maio
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
⏰ 20:30 horas
🎶 Un encontro imprescindible dentro de PULSO, festival promovido polo @concellodaspontes coa colaboración de 🤝 @culturadadeputaciondacoruna @luneda

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies