🎷 PULSO – Festival de jazz nas Pontes
A clausura de PULSO chega cunha das propostas máis singulares e experimentais da escena galega actual.
A @orquestragalegadeliberacion é unha formación que investiga a creación en directo e a improvisación dirixida a través da linguaxe do soundpainting, un sistema de dirección xestual que permite construír a música no mesmo momento da súa interpretación. Cada concerto convértese así nun proceso aberto, irrepetible e en constante transformación diante do público.
Dirixida por Xacobe Martínez Antelo, a orquestra reúne músicos procedentes do jazz, a música clásica, contemporánea e experimental, nun encontro onde a diversidade sonora e a liberdade creativa son o motor principal.
Un peche de festival que aposta pola sorpresa, a escoita activa e a creación colectiva en tempo real.
📆 Sábado 9 de maio
⏰20:00 h
📌 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎶 A derradeira cita de PULSO, aberta á imaxinación e á improvisación sen límites. PULSO é un festival promovido polo @concellodaspontes coa colaboración de 🤝 @culturadadeputaciondacoruna e @luneda