COMPARTIMOS 🚣♂️ O Grupo Xuvenil As Pontes destaca en Trasona na proba open de piragüismo 🚣♀️
Co motivo do festivo do 1 de maio, o Club Náutico Ensidesa organizou no encoro de Trasona (Corvera) unha proba open de piragüismo a nivel nacional, que reuniu clubs de toda España e incluíu todas as categorías.
Ata alí se desprazou o Grupo Xuvenil As Pontes, que volveu demostrar o seu gran nivel competitivo cunhas actuacións moi destacadas:
🥇 Prata en K2 home veterán B para Ernesto Gancedo e o seu compañeiro.
🏅 6º posto en K2 home xuvenil para Adrián Filgueira e Omar Penabad.
🏅 5º posto en K1 home alevín A para Unai Penabad.
🏅 9º posto en K1 home benxamín para Martín Ferro.
🏅 9º posto en K2 home cadete para Xoel Timiraos e Dani Ferro.
Tamén participou Javier Filgueira, que non puido completar a proba tras un percance nunha boia.
👏 Parabéns a todos os deportistas polo seu esforzo, dedicación e por seguir levando o nome das Pontes a competicións de ámbito nacional.