Noticias y alertas

🎶✨ A Rondalla Vila das Pontes en Barakaldo ✨🎶 A pasadA fin de semana, a Rondalla Vila das Pontes volveu levar o nome d...

06/05/2026

🎶✨ A Rondalla Vila das Pontes en Barakaldo ✨🎶
A pasadA fin de semana, a Rondalla Vila das Pontes volveu levar o nome das Pontes máis aló das nosas fronteiras, compartindo música, emoción e tradición en Barakaldo.
📍 O 30 de abril no @centrogalegobarakaldo
📍 O 2 de maio no Centro de Integración Social coa asociación Amigos de la Guitarra de Barakaldo
Foron dúas citas moi especiais nas que o público puido sentir de preto a forza dunha agrupación que destaca pola súa calidade artística e musical, pero sobre todo pola súa calidade humana, polo agarimo e a entrega de cada unha das persoas que a forman.
💙 Dende o Concello das Pontes sentimos un profundo orgullo por unha rondalla que leva con dignidade, sensibilidade e talento o nome do noso concello alí onde actúa.
Nesta viaxe contaron coa participación da concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, que quixo acompañar e compartir de preto esta experiencia, reforzando o apoio institucional a unha iniciativa que fala de identidade, comunidade e emoción compartida.
🎵 Porque cando a música nace do corazón, non só se escoita… tamén se sente.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies